miércoles, 12 de enero de 2011
World water cycle
O ciclo da auga, comeza coa evaporación da auga dende a superficie do océano. A medida que se eleva, o aire húmido enfríase e o vapor transformase en auga, o que se lle chama condensación. As gotas xuntanse e forman unha nube, logo, caen polo seu propio peso, isto é a precipitación. Se na atmósfera fai frío a auga cae en forma de neve ou de saraiba, se polo contrario na atmósfera vai calor as gotas caerán en forma de choiva. Unha parte da auga que chega a terra é aproveitada polos seres vivos, outra escurrirase polo terreo ata chegar a un río, un lago ou un océano e a outra pouca da auga filtraráse a través do solo, formando as capas de auga subterránea. Toda esa auga voltará novamente a atmósfera, debido, a evaporación. O evaporarse, a auga deixa atrás todos os elementos que a contaminan ou a fan non apta para beber, pero por iso, o ciclo da auga nos entrega un elemento puro, pero tamén hai outro proceso que purifica a auga mediante a transpiración das plantas. As raíces das plantas absorben a auga, a cuál se desplaza hacia arriba a través dos tallos ou troncos, o que se denomina o proceso de transpiración.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario