jueves, 13 de enero de 2011

Spanich population Pyramid

Na imaxe superior obserbase unha pirámide que representa a densidade poboación de España. Podemos ver como dende os 20 anos ata os 39 anos hai un incremento de poboación tanto nos homes coma nas mulleres. Polo contrario, hai un descenso da poboación nas persoas maiores de 85 anos.

Mapa de los países de la Unión Europea

world climatological map


Neste mapa podemos diferenciar os distintos tipos de climas do mundo. Hai tres grandes tipos de climas, climas cálidos, climas temperados e climas fríos. Dentro dos climas cálidos diferencianse outros tres tipos, son o clima ecuatorial, o clima tropical e o clima desértico; dos climas temperados tamén se distinguen tres tipos que son o clima mediterráneo, o clima oceánico ou atlántico e o clima continental e por último os climas fríos, no que divide en dous tipos, o clima polar e o clima de alta montaña. Estos climas distribuense por todo o mundo, os climas cálidos concentránse principalmente na zona intertropicales, os climas temperados entre os trópicos e os círculos polares e os climas fríos dánse nas rexións polares e nas zonas de alta montaña.

miércoles, 12 de enero de 2011

World water cycle


O ciclo da auga, comeza coa evaporación da auga dende a superficie do océano. A medida que se eleva, o aire húmido enfríase e o vapor transformase en auga, o que se lle chama condensación. As gotas xuntanse e forman unha nube, logo, caen polo seu propio peso, isto é a precipitación. Se na atmósfera fai frío a auga cae en forma de neve ou de saraiba, se polo contrario na atmósfera vai calor as gotas caerán en forma de choiva. Unha parte da auga que chega a terra é aproveitada polos seres vivos, outra escurrirase polo terreo ata chegar a un río, un lago ou un océano e a outra pouca da auga filtraráse a través do solo, formando as capas de auga subterránea. Toda esa auga voltará novamente a atmósfera, debido, a evaporación. O evaporarse, a auga deixa atrás todos os elementos que a contaminan ou a fan non apta para beber, pero por iso, o ciclo da auga nos entrega un elemento puro, pero tamén hai outro proceso que purifica a auga mediante a transpiración das plantas. As raíces das plantas absorben a auga, a cuál se desplaza hacia arriba a través dos tallos ou troncos, o que se denomina o proceso de transpiración.